Sunday 05 de May de 2024

Susana García clausura o curso sobre gravación de datos, dirixido a persoas desempregadas


A concelleira de Traballo, Susana García, clausurou onte o curso de informática básica sobre gravación e dixitalización de documentos e datos. Tras varios meses de clases e prácticas, dos 15 alumnos e alumnas que iniciaron o curso 7 deles obtiveron o seu diploma, xa que os restantes conseguiron a súa inserción laboral antes de finalizar as clases.

A dita iniciativa estaba orientada a persoas desempregadas e foi desenvolvida conxuntamente polo Concello de Ordes e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. En total impartíronse 458 horas de clase, incluídas as prácticas en distintas empresas e institucións. Así, dende onte, o alumnado conta cunha certificación oficial profesional correspondente ao nivel 1. A formación valídaos para traballar como operadores e gravadores de datos en ordenador, auxiliares de oficina, auxiliares de arquivo, operadores documentais e auxiliares de dixitalización.